A Xunta enviou esta semana aos nosos concellos un novo lote de de 57.907 unidades de protección

30 Abril 2020

O Goberno galego emitiu hoxe un novo parte informativo sobre o traballo despregado até a data no Barbanza en materia de distribución de material anti-COVID para a cidadanía. No parte faise saber que esta mesma semana enviouse un novo lote aos concellos da nosa comarca formado por 2.600 máscaras, 3.300 luvas, 72 traxes antisalpicaduras e 52 pantallas faciais. En total, estamos a falar de 6.014 unidades de protección fornecidos estes días para os municipios da nosa contorna.

Até o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca do Barbanza en conxunto, 57.907 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 32.650 máscaras, 24.150 luvas, 1.055 traxes e 52 pantallas faciais, subministrados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Trátase dun material que, segundo comunicaron á Xunta as administracións locais, “está a ser destinado sobre todo para o Servizo de Axuda no Fogar e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público”.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.