A Xunta enviou 50.575 unidades a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza nas últimas tres semanas

18 Abril 2020

A Xunta enviou aos concellos, residencias e entidades sociais da comarca do Barbanza máis de 50.500 unidades de protección nas tres últimas semanas
para loitar na crise do coronavirus, ademais de 81 botes de 500 ml de xel hidroalcohólico e 99 garrafas de 5 litros de desinfectante.
Cos diferentes envíos en conxunto os municipios e entidades da comarca recibiron 25.150 luvas, 24.099 mascarillas, 888 buzos de protección, 320 batas de plástico e 118 mandís de plástico, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboración institucional da Xunta de Galicia cos concellos” para “sumar esforzos” para contribuír na loita contra a expansión do virus. Nesta liña, convidou a tódalas institucións a colaborar co Goberno autonómico porque “a prioridade fundamental é garantir a protección dos cidadáns e todos debemos remar nesa dirección”.
Ademais, engadiu que “os envíos da Xunta de Galicia á comarca continuarán nas vindeiras semanas para garantir a protección das persoas que se atopan na primeira liña na loita contra o coronavirus”.
A administración autonómica reitera que todo o material entregado cumpre estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso, foi inspeccionado e está en perfectas condicións para o seu uso.

Unidades enviadas a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza
Unidades enviadas a concellos residencias e entidades sociais do Barbanza

Outros artigos

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro. Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...