A Policía Local de Rianxo incorporou este primeiro de abril dous axentes auxiliares

03 Abril 2020

A Policía Local de Rianxo vén de recibir un importante reforzo para a súa actividade, de por si básica para o día a día do concello nunha situación normalizada pero aínda máis relevante nos tempos de crise sanitaria que estamos a vivir, con todo o que isto implica. Segundo informou a Policía Local no seu Facebook, dende este primeiro de abril o corpo xa conta con dous novos axentes auxiliares.

Os axentes foron contratados temporalmente polo Concello de Rianxo e coa súa presenza activa reforzaranse as quendas de servizos. Amais desta incorporación, tamén se fixo saber que durante a tempada de verán están previstas máis incorporacións.

Noutra orde de cousas, lembrar que a Policía Local de Rianxo fixo estes días un balance das actividades realizadas no concello destinadas a facer cumprir o Decreto do Estado de Alarma por mor do COVID-19. Segundo se fixo saber, controlouse dun milleiro de vehículos e identificáronse 232 persoas. Amais, realizáronse 55 denuncias a persoas por circular e permanecer na vía pública sen causa xustificada (destas 55 denuncias algunhas correspóndense a persoas reincidentes).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...