A Policía Local de Rianxo realizou 55 denuncias por circular e ficar na rúa sen causa xustificada

01 Abril 2020

A Policía Local de Rianxo vén de facer balance das actuacións realizadas no concello dende que se activou o Estado de Alarma por mor do COVID-19, que, como lembraremos, levou consigo unha serie de disposicións destinadas a frear o avance da pandemia, por exemplo a prohibición de facer desprazamentos, a pé ou na estrada, agás que fosen xustificados e estritamente necesarios. Segundo se fai saber no balance, controlouse un total de 929 vehículos e identificáronse 232 persoas. Amais, realizáronse 55 denuncias a persoas por circular e permanecer na vía pública sen causa xustificada (destas 55 denuncias algunhas correspóndense a persoas reincidentes).

Por outra banda, denunciouse un establecemento hostaleiro por incumprir a orde de peche e máis cinco persoas condutoras de vehículos por dar positivo na proba de drogas. A Policía Local de Rianxo tamén investigou a dous cidadáns por delitos contra a seguridade viaria, nos dous casos por cuadriplicar a taxa de alcohol permitida.

No balance de accións faise saber, a maiores, que se detivo a unha persoa por un delito de violencia de xénero.

Por último, os axentes lembran que se están a realizar de maneira continua controis policiais para vixiar as medidas establecidas.

Outros artigos

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.