A estrada DP 3301 en Rianxo, na listaxe de obras reactivadas pola Deputación

16 Abril 2020

A Deputación da Coruña deu a coñecer esta semana que vai reactivar con máis de 4 millóns de euros as obras nas estradas provinciais. Inclúense reformas de travesías, execución de sendas ou renovación do firme, entre as 20 obras públicas activas a día de hoxe. Na lista de obras reiniciadas inclúese a mellora da capa de rodaxe na DP 3301 de Rianxo a Bexo por Isorna, que vén a acompañada dun orzamento de 138.609 euros. Neste viario mellorarase a capa de rodaxe con mestura asfáltica.

En relación ás disposición do Goberno central e do Estado de Alarma, a Deputación fixo saber que dará prioridade “en todo momento” á seguridade dos traballadores a través dos servizos de seguridade e saúde do departamento de Vías e Obras, “que supervisan a execución duns traballos que contribúen a manter activa e economía e o emprego no sector da construción e as obras públicas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.