A Deputación da Coruña inviste 3 millóns de euros para crear 428 empregos nos concellos da provincia. 34 no Barbanza agás Ribeira por ter mais de 20.000 habitantes

24 Abril 2020

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das axudas do programa PEL-Concellos 2020. Cun investimento cercano aos 3 millóns de euros, esta liña do Plan de Emprego Local (PEL) permitirá aos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes contratar a un total de 428 persoas en situación de desemprego durante un período dun ano para a prestación de servizos municipais básicos.

Os importes da subvención a recibir polos concellos varía en función da porcentaxe de persoas desempregadas coas que conta cada municipio, oscilando as contías a percibir entre os 19.000 e os 52.000 euros. Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal, ademais  dos derivados das indemnizacións de fin de contrato e os correspondentes aos cursos de formación en materia de riscos laborais que deban realizar as persoas contratadas segundo a lexislación laboral vixente.

Os operarios e operarias, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza de rúas, estradas e espazos públicos, mantemento da rede de sumidoiros e alumeado público, melloras nos accesos aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños ou mantemento de parques e xardíns públicos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o programa será especialmente útil este ano xa que ademáis de “ofrecer unha oportunidade laboral centos de persoas con especiais dificultades para atopar un emprego nun contexto social e económico tan difícil coma o actual”, o persoal contratado “permitirá aos concellos afrontar labores que van ser fundamentais na loita contra o covid-19 coma a limpeza de rúas e espazos públicos ou a recollida e tratamento de residuos”.

A pesar da suspensión dos prazos administrativos desde a declaración do estado de alarma, a Deputación axilizou a concesión das axudas, xa que os concellos que podían optar ao PEL-Concellos xa tiñan presentadas as súas solicitudes e o Goberno provincial priorizou desde o primeiro momento da crise tanto os investimentos na área social como a activación de todos os plans e medidas que contribúan ao mantemento do emprego e a reactivación económica da provincia.

Resulta destacable o “carácter social” destas axudas, xa que as persoas a contratar polos concellos deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e valorarase que pertenzan a determinados colectivos con maiores dificultades para acceder a un emprego.

A Deputación esixe como requisito nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados pola lacra do desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Concello Traballadores Subvención

BOIRO651.730,95 €
DODRO431.000,00 €
NOIA1250.718,48 €
POBRA DO CARAMIÑAL (A)451.186,04 €
PORTO DO SON446.000,00 €
RIANXO452.000,00 €

Ribeira non entra no plan o ter máis de 20.000 habitantes.

Outros artigos

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.