A Asociación de Empresarios de Ribeira fai un chamamento á Xunta e ao Goberno para regular as rebaixas e comprometerse co sector

27 Abril 2020

My beautiful picture

A Asociación de Empresarios de Ribeira, a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, vén de achegar un comunicado de urxencia aos Gobernos central e galego no que lles fai saber a profunda situación de incerteza e preocupación na que vive hoxe o sector produtivo ribeirense, respecto futuro que lle agarda unha vez se vaian suavizando as medidas do Decreto de Alarma, e sexa posíbel ir volvendo á normalidade.

No escrito a entidade local lembra que a pandemia chegou “no peor intre”, xa que colleu a todo o sector coa nova tempada en tenda, “con todas as súas facturas pendentes de pagar, con todos os demais gastos que son precisos para manter o negocio e sen vendas dende o pasado 14 de marzo”. Tendo en conta isto, e tendo en conta os problemas que poden vir (por exemplo os descontos sen regulamento) unha vez se permita abrir os portas dos establecementos, a asociación pide a colaboración e vontade “de todos os grupos políticos para axudar ao sector cun regulamento das rebaixas” e, de maneira excepcional, “que as rebaixas este ano comecen en agosto”.

A entidade ribeirense recorda que o “pequeno comercio é xerador de riqueza”, un sector que paga os impostos e que crea emprego, polo que é preciso “que nestes difíciles momentos os partidos políticos nos apoien para poder sobrevivir e seguir dando vida entre todos ás nosas vilas e cidades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.