A ABE fortalece o espírito común fronte a adversidade coa campaña Son Boiro

24 Abril 2020

Os nosos concellos están a xuntar forzas arredor dun obxectivo común: o apoio integral aos comerciantes, autónomos e traballadores para axudalos a superar a crise sanitaria e o parón produtivo xeral. A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) é unha das entidades máis activas neste obxectivo compartido, achegando contidos, recursos e iniciativas para fortalecer a fronte de traballo conxunta. Esta semana uxo un novo gran de area nesta mobilización coa campaña Son Boiro, na que participan 30 socios de todos os sectores produtivos. A iniciativa acompáñase dun vídeo en dúas partes que xa podemos ver en YouTube.

A asociación explica destes xeito as principais motivacións de Son Boiro: “Malia que a actividade empresarial está seriamente danada e paralizada, nestes complicados momentos a ABE quere lanzar unha mensaxe de unidade e esperanza do tecido empresarial local a través da campaña #sonboiro, unha mensaxe para uns intres de incerteza nos que a maioría estamos agardando pacientemente nas nosas casas a que a situación volva á normalidade”.

A campaña colle corpo cun vídeo editado en dúas partes que se pode visualizar tanto nas redes sociais da ABE buscando co cancelo #sonboiro e tamén na web www.abe.gal e na canle de YouTube de Boiroaberto.

“Con esta iniciativa”, explica a asociación, “queremos mandar un mensaxe de ánimo ao clientes e veciños de Boiro así como amosar a unión do empresariado local e o desexo que moi pronto poidamos estar xuntos de novo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.