26 abril: Baixa o número de mortos diarios por COVID-19 en España, 288 nas últimas 24 horas. Chegamos ás 23.190 vitimas. En Galicia 636 mortos

26 Abril 2020

O número de mortos diarios por coronavirus en España baixa a mínimos: 288 nas últimas 24 horas O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 26 de abril.

– 23.190 mortos, fronte aos 22.902 falecidos do sábado. Son 288 máis. – – -207.634 confirmados por PCR. Eran 205.905 o día anterior. Son 1.729 máis.

Sanidade deixou de informar dos casos que inclúen aqueles detectados con test rápido. Segundo esa contabilidade, ata onte había 223.759 contaxiados. 98.732 curados, fronte aos 95.708 do sábado. Son 3.024 altas máis.

En Galicia outras tres mortes rexistradas nas últimas horas en hospitais elevan a 515 as vítimas mortais que se cobrou en Galicia a crise sanitaria do coronavirus. Fontes sanitarias informan de que faleceron unha muller de 88 anos e un home de 92 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi) e unha muller de 95 que estaba ingresada no tamén centro de vigués de Povisa. Todos eles tiñan patoloxías previas.

En canto aos falecidos en residencias, Sanidade informou este sábado de que sobe de 116 a 121 o número de falecementos rexistrados dentro dos centros xeriátricos.

Tamén Sanidade informou de tres mortes en hospitais galegos: dúas mulleres de 90 e 83 anos, respectivamente, que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) e un home de 92 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Todos tiñan tamén patoloxías previas. Coa última actualización, o número de falecidos en atención hospitalaria ascende a 394, entre os que está unha persoa que recibía atención hospitalaria no seu domicilio. Por áreas, rexistráronse 111 mortes na área sanitaria da Coruña, 79 na área de Vigo, 79 na área sanitaria de Ourense, 62 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...