24 abril: 367 mortos a cifra máis baixa da COVID 19 desde o inicio da crise. 16 os falecidos en Galicia onte

24 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 24 de abril:

– 22.524 mortos, fronte aos 22.157 falecidos do xoves. Son 367 máis. É a cifra máis baixa desde que se empezou a facer o reconto dos falecidos.

Os curados alcanzan 92.355. Os contaxios totais son 219.764 (esta cifra inclúe test positivo incluíndo PCR e positivos a test de anticorpos).


Galicia rexistrou a morte doutras tres persoas en hospitais da Comunidade e eleva a 498 o número de vítimas mortais do coronavirus , 381 en hospitais, nunha xornada na que a Consellería de Sanidade tamén notificou un repunte no falecemento de usuarios de residencias, ao informar de 16 novos casos (9 falecidos nos propios centros xeriátricos e outros 7 en hospitais e residencias integradas).

Por áreas, rexistráronse 110 mortes na área sanitaria da Coruña, 74 na área de Vigo, 75 na área sanitaria de Ourense, 60 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...