En España, ata o momento notificáronse un total de 213.024 casos confirmados de COVID.19, 22.157 falecidos e 89.250 curados. Ademais notificáronse 1.511 con anticorpos positivos sen síntomas no momento de realización da proba nos que non se pode establecer un momento de contaxio nin se padeceron ou non a enfermidade. Rexitraronse 4.635 novos casos e o ritmo de contaxios mantense no 2% .
O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia ascende este xoves a 6.637, o que supón 103 máis que a xornada anterior -un 1,5% máis-, mentres as altas de pacientes aumentan en 51 ata as 1.676.
Os datos foron facilitados este xoves pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que indican que os pacientes en UCI descenderon a 92 -fronte aos 96 do mércores- e os hospitalizados noutras unidades baixan a 568 -17 menos que os 585 rexistrados o mércores- e 5.977 infectados permanecen en seguimento domiciliario.
Dos 6.637 casos activos en Galicia 1.550 corresponden ao área sanitaria da Coruña.1.301 á de Ourense 1.164 á de Vigo 1.078 á de Santiago-Barbanza 627 á de Lugo 535 á de Pontevedra 382 á de Ferrol.
De momento en Galicia chegamos a 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos. Segundo os datos de Sanidade o número de PRC realizadas ascende a 76.129.