20 abril: España rexistra a cifra máis baixa de mortos diarios por coronavirus desde hai case un mes: 399 falecidos. Galicia tivo onte 8 vitimas mortais

20 Abril 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 20 de abril.:

-20.852 mortos, fronte aos 20.453 falecidos do domingo. Son 399 máis. a cifra máis baixa desde que empezou a crise sanitaria.

– Supera os 200.000 contaxiados (en total 200.210).

-Contabilizáronse 4.266 novos casos.

En Galicia dous novos falecementos rexistrados nas últimas horas en hospitais galegos elevaron a cifra de mortos con coronavirus en Galicia ata os 450. As 8 vítimas coñecidas ao longo deste domingo supoñen a cifra diaria máis baixa de todo o mes de abril.

Na Comunidade había onte 2.609 hospitalizados, 19 novos e en UCISs 108. Curados rexistaronse 1548 persoas.

Segundo informan fontes da Consellería de Sanidade, os dous últimos falecidos que foran diagnosticados con COVID-19 son un home de 79 anos que estaba ingresado en Povisa, en Vigo, e outro de 94 anos que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Ambos contaban con patoloxías previas.

Estas dúas persoas que morreron con coronavirus súmanse a outras catro das que deu conta Sanidade ao longo da xornada: dous homes de 67 e 79 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac), unha muller de 71 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ( CHUF) e outra de 93 que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( Chuvi).

Tras a última actualización, o número de mortes rexistradas en hospitais elévase a 352: 105 na área sanitaria da Coruña, 70 na área de Vigo, 67 na área sanitaria de Ourense, 52 mortes na área sanitaria de Santiago, 22 na área de Ferrol, 22 na área de Lugo e 14 na área sanitaria de Pontevedra.

A estas 352 persoas que faleceron con coronavirus nos hospitais da Comunidade súmanse outras 98 en residencias de anciáns. As dúas últimas, rexistradas este sábado pero notificadas este domingo, correspóndense con usuarios do centro Moledo de Vigo e de DomusVi Barreiro, na mesma cidade.

Desde que empezou a pandemia, van 98 falecidos con coronavirus computados en xeriátricos. Así, morreron 20 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 18 no DomusVi de Cangas, outros 18 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 11 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e catro na residencia Moledo (Vigo).

Tamén se produciron 7 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, 3 en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), 3 na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Santa Teresa de Jornet (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Mestre (Ourense), dous na residencia San Pedro de Crecente, dúas en As Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande, un na de Foz e outro na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras).


Cos oito falecidos con COVID-19 coñecidos ao longo deste domingo –seis persoas en hospitais e outras dúas que morreron este sábado en centros de anciáns–, a xornada consolídase como a de mellor dato de abril, mes que chegou a contabilizar ata 27 vítimas diarias (o día 3).

Así, habería que remontarse ao 27 de marzo para atopar unha cifra tan baixa de mortos da pandemia, en concreto sete. Con todo, hai que ter en conta que por aquel entón a Xunta aínda non informaba diariamente dos falecidos en residencias.

Así mesmo, as oito vítimas do COVID-19 coñecidas este domingo supoñen unha importante baixada con respecto aos 13 do sábado, os 14 do venres e os 13 do xoves. Tamén están por baixo do martes (14) e mesmo do luns

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...