20.000 novas máscaras para os sectores pesqueiro, marisqueiro e bateeiro

14 Abril 2020

A Consellería de Mar anunciou este martes que repartirá 20.000 máscaras de protección anti-COVID entre unha manchea de entidades asociativas do sector pesqueiro, marisqueiro e bateeiro. Este lote, que se suma ás 10.000 máscaras distribuídas a semana pasada nas lonxas dos portos de titularidade autonómica, será preferente para tripulantes, mariscadoras e bateeiros e serán repartidos a través de entidades como lonxas, confrarías ou asociacións de armadores e organizacións de produtores de mexillón.

O Executivo galego pretende favorecer con esta medida que “os profesionais do mar dispoñan de mellores medios para desenvolver o seu traballo, na medida do posíbel, en condicións de seguridade e poidan previr así posibles contaxios ao tempo que contribúen a evitar a expansión da enfermidade”.

Os elementos de protección individual que xestiona a Consellería do Mar xa foron entregados ao Servizo de Gardacostas de Galicia para que prepare os distintos lotes e os distribúa nos próximos días ás entidades destinatarias, ao igual que fixo no caso do material remitido ás lonxas a semana pasada.

No caso do sector pesqueiro, nesta ocasión tamén colaborarán na distribución entidades como a Lonxa da Coruña, confrarías ou asociacións de armadores como as de espadeiros da Guarda, a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI) ou a Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR). A súa distribución tivo en conta as xa entregadas e a capacidade de chegada ao sector en base ao seu número de socios ou aos barcos que efectúan as súas vendas nelas.

En canto ao sector bateeiro, o reparto das arredor de 5.000 máscaras de protección que lle corresponden ás asociacións de produtores de mexillón realízase a través de máis de corenta entidades do sector e tendo en conta “as bateas ás que representa cada unha delas”, informou a Consellería do Mar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.