O Rianxo Streaming Festival xa fai tremer YouTube cos seus audiovisuais anti-pandemia

20 Marzo 2020

O certame creativo galego máis directamente encamiñado a loitar contra o estancamento dos nosos talentos (audiovisuais, monologuistas, musicais, contadores, artísticos, argalleiros) durante o confinamento forzoso por mor do COVID-19, o certame de vídeos Rianxo Streaming Festival, xa comezou a recibir importantes contribucións dende a súa posta en marcha, este mércores 18 de marzo.

Segundo puidemos comprobar esculcando na canle específica de YouTube do festival, o certame colleu altura dende o primeiro intre, coa contribución á Rianxeira de Sabela Galbán Rodríguez, que agasallou aos internautas coa Muiñeira do coronavirus, que xa amorea preto de 800 visitas. O listón seguiu ben alto pouco despois, coa Rianxeira interpretada pola veciñanza de Rianxiño, un audiovisual que xa vai camiño das 2.000 reproducións. Un algo máis tarde seguiron chegando contribucións: a Xota de Mangueiro de Rafael Iglesias e Cando veño da lusada, por Bernal e Aldara, dende O Pazo.

O certame

O Concello de Rianxo quixo pór o seu gran de area para facer que o confinamento da veciñanza fose estes días o máis levadeiro posíbel. Por esta razón, puxo en marcha esta semana un certame de creación de “contidos dixitais contra aburrimento na corentena”, o Rianxo Streaming Festival. O obxectivo é converter en fervedoiro de talento e participación a reclusión forzosa da xente nos seus fogares derivada do estado de alarma para frear o espallamento do andazo de COVID-19.

Co gallo do festival poderase presentar todo tipo de contribucións dixitais: música, contos, monólogos, divulgación, etc. Este material será publicado na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co cancelo #RXtreaming. “O noso obxectivo non é outro que combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira”, explican dende o Concello, debullando os pasos para participar no certame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.