Xunta e Concello asinan o convenio para a execución do novo Auditorio de Ribeira que se poderá licitar en breve

11 Marzo 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a execución das obras do novo Auditorio municipal. Así, o Concello está en disposición de poder licitar a actuación, que xa conta cun proxecto, froito do concurso de ideas, coa finalidade de concibir unha proposta singular e funcional, en concordancia coas liñas arquitectónicas do novo mercado municipal ou da nova lonxa.

Segundo expuxo Ángeles Vázquez, dita intervención pretende poñer en valor unha superficie vacante de case 1.400 metros cadrados cualificada maioritariamente de solo urbano dotado de equipamento público, situado nunha zona de crecemento do centro urbano, para construír un novo edificio flexible e multifuncional para a prestación de servizos socio-culturais de diversa índole, adaptado á normativa vixente, sostible e eficiente enerxeticamente.

O novo Auditorio contará con bancadas, pantallas acústicas e silenciadores; equipamento escénico e pararraios, entre outras prestacións para o seu perfecto funcionamento. Deste xeito, ofrecerase á cidadanía un edificio e un espazo público totalmente accesibles, comprensibles e utilizables por tódalas persoas para o seu desenvolvemento na sociedade.

A conselleira explicou que esta nova actuación, na que a Xunta colabora técnica e economicamente, facilita poñer en marcha unha nova infraestrutura de uso público para o desfrute de toda a veciñanza; asentando as bases para “converter a Ribeira no epicentro da cultura a través dun edificio que é multifuncional, que cumpre con tódalas características dun inmoble onde se desenvolverán multitude de actividades, por suposto, coa accesibilidade necesaria, pero tamén cun deseño arquitectónico propio.”

Ademais, manifestou que é un exemplo da “boa relación” entre a Xunta de Galicia e os Concellos, facendo posible un proxecto destas dimensións, no que a Administración autonómica inviste case 630.000 euros -126.000 euros na redacción do proxecto básico e 500.000 euros para a construción-, dos 3’6 millóns de euros que custará o levantamento do Auditorio.

Respecto á posibilidade de dotar a parcela de aparcamento subterráneo plantexada polos grupos da oposición, o rexedor Manuel Ruiz indicou que parte do inmoble irá soterrado, concretamente ao redor de 7 metros, para que non se supere a altura en superficie permitida. Deste xeito, o estacionamento tería que habilitarse dos 7 metros para abaixo e, de establecer 30 prazas por nivel, poderían figurar, como mínimo, as plantas -3, -4 e -5, converténdose “seguramente nun dos parkings españois con máis profundidade.” Neste senso, referiuse a outros edificios públicos, tales coma PALEXCO ou o Auditorio de Santiago de Compostela, os cales non dispoñen de estacionamento soterrado. Tamén afirmou que isto incrementaría o custe do proxecto, situándose en torno aos 5 millóns de euros.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.