Un novo vertido contaminante a gran escala podería ser a causa do gran número de paxaros petroleados na nosa costa

05 Marzo 2020
Restos dun paxaro petroleado nunha imaxe achegada polo CEMMA

A localización na praia da Muralla de Aguiño do arao dos cons petroleado do que falamos onte en O Barbanza semella que non é, por desgraza, un caso único na nosa costa. Así o confirmou a plataforma CEMMA no seu Facebook (onde a coordinadora fai claramente unha alerta por vertidos, cousa que constatou a aparición continua de paxaros cubertos dun líquido contaminante pendente de identificar nunha chea de praias comprendidas entre a Costa da Morte e a Ría de Vigo, incluídas as nosas) e así o denuncia o Bloque Nacionalista Galego, que, a través do seu deputado en Madrid, Néstor Rego, advertiu ao Goberno “da aparición nos últimos días de aves cubertas dunha substancia oleaxinosa e amarelenta” que, pola súa importante presenza, fai que se desbote a posibilidade dun sentinazo e cobre forza a posibilidade de que un buque dos que circulan diante da nosa costa tivera feito un vertido contaminante de envergadura.

Segundo advirte o deputado, moitas das aves mariñas que aparecen nas praias aparecen xa mortas na area, pero outras, como a de Aguiño, puideron ser rescatadas con vida, e trasladadas a un centro de recuperación de aves. “O número delas que aparecen mortas está medrando de forma alarmante, e ampliase a zona de influencia desta contaminación de orixe descoñecida, sendo até o momento máis de 100 as aves mortas achadas” afirma o deputado.

Volvendo ao CEMMA, sinalar que a coordinadora activou un protocolo de actuación para o caso máis que probábel de que albisquemos aves mariñas petroleadas nos areais. Segundo lembra, cómpre dar aviso das aves detectadas mandando información ao 112 ou ao 686989008. “É moi importante advertir das localizacións para facer o seguimento e tratar de evacuar as que poidan ser atopadas con vida”, explica a plataforma medio ambiental, que recorda, facéndose eco de datos do Grupo Naturalista Hábitat, que xa foron atopados máis de 100 exemplares en apuros na nosa costa.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.