Localizado en Aguiño un arao dos cons cuberto de chapapote

04 Marzo 2020

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) compartiu os días pasados o localizamento dun arao dos cons (Uria aalge) cuberto de chapapote na costa de Aguiño en Ribeira, máis polo miúdo na praia do Almacén en Couso. O paxaro foi atopado polo veciño Antonio Parada Mariño, que logo de albiscalo púxose en contacto co Centro de Recuperación de Fauna Silvestre para a súa recollida e (logo dunha estadía de recuperación) posterior ceibado.

Tanto o CEMMA como Parada Mariño puxeron o foco na importancia de que teñamos en conta que non é preciso que aconteza outra catástrofe como a do Prestige para que a nosa fauna salvaxe sufra polas consecuencias do petróleo e dos seus derivados (os combustíbeis fósiles) e dos malos hábitos de quen transporta ou usa estes materiais (son moi habituais na costa galega os sentinazos dos buques, ou sexa, a liberación de chapapote derivada das tarefas de limpeza ou mantemento). Antonio Parada e a comunidade do CEMMA lembran tamén que o feito de que se localizase e socorrese o devandito arao da praia do Almacén foi un caso por desgraza puntual, e que nestes últimos tempos estanse a multiplicar os avistamentos de aves petroleadas (en Barbanza e na Costa da Morte) por mor, principalmente, dos sentinazos dos moitos buques que transitan polo corredor atlántico que bordea a costa galega. Moitos destes paxaros, algúns deles pertencentes a especies en risco, non terán nunca a sorte de seren socorridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.