Un ferido leve nunha saída de vía no lugar de Mieites

18 Marzo 2020
Cedida

Ao redor das 06.30 horas rexistrouse no municipio de Boiro, concretamente á altura do lugar de Mieites, unha saída de vía. O condutor do vehículo, quen saíu polo seu propio pé, resultou ferido leve e foi trasladado polo 061 ao Hospital do Barbanza. No incidente non se viron implicados máis vehículos nin persoas.

O aviso chegou por parte do 112 e ata o lugar desprazáronse bombeiros de Boiro, Garda Civil de Tráfico, 061, Servizo Municipal de Emerxencias de Boiro e Policía Local boirense.

O operativo rematou en torno ás 08.30 horas unha vez se retirou o coche e se efectuou a limpeza da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...