Trece viaxes en veleiro para coñecer a ría de Arousa con saída desde A Pobra

09 Marzo 2020
Cedida

O segundo programa de A Pobra Xacobea desenvolverase durante os meses de marzo e abril, constando dun total de trece viaxes en veleiro, contribuíndo á posta en valor do vínculo do municipio co camiño. Concretamente, as datas elixidas son o 18, 28 e 29 de marzo; así como o 4, 5, 9, 10, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de abril. Así o desvelaron este mediodía a concelleira de Turismo, Charo Varela; a técnica desta Área, Ángeles Tubío; e Fernando Redondo, en representación da empresa Arousa Náutica.

A edil Charo Varela referiuse á orixe xacobea do porto e á existencia no pasado de ata tres hospitaliños de peregrinos na localidade, permanecendo en pé o situado na rúa da Feira. Neste senso, manifestou que “o que pretendemos é que A Pobra teña unha relación directa e sexa coñecida como porto xacobeo e como vila de tradición xacobea” tanto para residentes coma para visitantes. No que respecta á ruta, cualificouna como “moi interesante” en diversos aspectos. Tamén apuntou ao “éxito” acadado no pasado ano, amosándose a xente “encantada en coñecer esta parte da ría e a súa relación con toda a tradición xacobea.”

Máis polo miúdo, Fernando Redondo explicou que cada viaxe en veleiro ten capacidade para doce persoas, incluíndo o patrón e o mariñeiro, polo que as prazas dispoñibles quedan en 10. As saídas están previstas para as 11.00 horas, establecendo o regreso para as 18.00 horas. Durante a navegación, os pasaxeiros terán a oportunidade de divisar as fachadas marítimas dos concellos, as illas e formacións pétreas que figuran nas cartas náuticas. Ademais, efectuarase unha parada para xantar no Náutico de Vilagarcía de Arousa.

Na súa intervención, Ángeles Tubío indicou que as reservas deben realizarse con antelación ao tratarse dunha proposta “con moita demanda.” Así, as inscricións poden formalizarse no Punto de Información Turística, de martes a sábado, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas. O prezo estipúlase en 12 euros para adultos e 8 euros para nenos e nenas ata 12 anos, efectuándose o pago con tarxeta. Os interesados poden solicitar máis información a través da páxina web www.apobra.gal, o teléfono de contacto 671090262 ou o enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Por outra banda, Serafín Marcos ofrecerá dúas visitas teatralizadas percorrendo a pé diversos emprazamentos da vila. A proposta transcorrerá os días 15 e 19 de marzo, a partir das 12.30 horas, constituíndo os xardíns Valle-Inclán o punto de encontro.

Estas actividades enmárcase na iniciativa O teu Xacobeo, impulsada pola Xunta de Galicia, unha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante o 2020, anticipando o Xacobeo 2021.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Y el PP noiés, silbando a la luna”. Juan Salgado

“Y el PP noiés, silbando a la luna”. Juan Salgado

Porque, como enseñan los manuales de este viejo oficio, los argumentos esconveniente situarlos en su debido contexto histórico, no puede menos el cronista quealudir a un certero artículo de opinión publicado en febrero de 2002 en un periódicoprovincial de amplia...

“Perdidos” – Xulio Xiz

“Perdidos” – Xulio Xiz

Véuseme á mente a serie Perdidos, que mestura unha especial visión do futuro con misterio, violencia, e aventuras nunha illa deserta. Despois de varias tempadas, como se fose unha provocación á imaxinación, todo queda no aire, os misterios non se aclaran por moito que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.