The Agapornis chegan a Boiro para levarnos á música que se escoitaba hai corenta anos

04 Marzo 2020

The Agapornis, o grupo gaditano que rende homenaxe (e renova) o rock e o funk de sabor máis clásico (o da época dourada do vinilo que para moitos de nós coincide cos lustros comprendidos entre mediados dos sesenta e mediados dos oitenta), vai estar este venres 6 de marzo en Boiro, na Pousada da Galiza Imaxinaria que rexenta o hostaleiro local Suso Santamaría, para ofrecer aos seareiros un concerto que é un compendio dos seus principais sinais de identidade.

Presentarán a edición en vinilo de Forty years late, o seu recente EP lanzado en dez polgadas, unha obra creativa que xorde directamente das máis fondas e completas experiencias dos integrantes da banda co rock da era dourada, aquel que viña da man de bandas como Deep Purple, Black Sabbath, Led Zeppelin, Neil Young and Crazy Horse ou Creedance Clearwater Revival. O título da obra, Forty years late, alude precisamente á sensación compartida polos músicos de The Agapornis de ter nacido, dada a súa paixón por todo o que aconteceu musicalmente a cabo dos sesenta e dos setenta, corenta anos máis tarde do que deberan.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.