Ribeira recibirá da Xunta unha terceira remesa de material de protección contra o COVID-19

30 Marzo 2020

Trala acostumada sesión diaria da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19, o Concello de Ribeira achegou este luns 30 de marzo importantes novidades sobre os labores despregados no termo municipal para combater o espallamento da pandemia e axudar aos colectivos que máis están a sufrir coa crise sanitaria derivada do estado de alarma. Segundo se fixo saber, a Xunta enviará ao Concello unha terceira remesa de material de protección. Este subministro únese aos efectuados a semana pasada: dúas partidas con máscaras e luvas, e outra de buzos. No terceiro envío haberá 350 máscaras cirúrxicas, 6 botes de xel hidroalcohólico, unha garrafa de 5 litros de desinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras. A Comisión salientou que a autonómica “foi a única Administración que polo momento dotou de material ao noso Concello”.

Amais do devandito, na sesión tamén se acordou a adopción de gastos por parte do Concello do traslado e enterramento dunha persoa usuaria de Servizos Sociais falecida por coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Así mesmo, informouse das xestións realizadas a través da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia para a repatriación dun cidadán ribeirense que se atopa en Bos Aires.

Para rematar, a Comisión acordou expresar o agradecemento do Concello a “aquelas persoas propietarias de pisos que están a ofrecer as súas propiedades para aloxar a persoal sanitario do Hospital” e á empresa Cárnicos García de Oleiros pola doazón de alimentos.

Súmanse a outros agradecementos expresados durante a fin de semana a Carlos Mariño, Jandro Ayaso e o resto dos promotores e colaboradores do festival en streaming Illote; aos voluntarios con impresoras 3D que están a fabricar máscaras de plástico; ao Concello da Pobra por doar o material para facer posíbel a iniciativa pobrense do material de protección; a Conxelados Basoñas Mar, pola “doazón de produtos para os bancos de alimentos”; e a Tarrío y Suárez, que “doou 40 buzos protectores”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.