Ribeira e Boiro volverán demostrar a súa capacidade para reciclar envases lixeiros

09 Marzo 2020

Ribeira e Boiro están entre os concellos que van participar na segunda edición da campaña Únete ao reto, lanzada pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para fomentar a reciclaxe de envases lixeiros (os que introducimos no contedor amarelo). Amais dos ditos municipios da nosa comarca, a iniciativa tamén chegará a unha ducia de concellos máis. A campaña, presentada este luns 9 de marzo en Lalín, consiste nun desafío para acadar a máxima participación e as mellores cifras locais en materia de reciclaxe. Desenvolverase ao longo de tres meses con diversas accións de “impacto na rúa”. O obxectivo concreto: aumentar en polo menos un 10% o que se deposita nos contedores amarelos (envases de plástico, latas e bricks).

No acto de lanzamento da campaña, a conselleira Ángeles Vázquez explicou que aqueles municipios que o logren, recibirán como recompensa 2.000 euros, cantidade que poderán destinar a unha causa social da súa elección.

A iniciativa comezará a desenvolverse este mesmo mércores e prolongarase ata o vindeiro 11 de xuño nos 15 concellos participantes.

Concretamente, Únete ao reto chegará nesta segunda edición aos municipios de Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados, que suman en total unha poboación de preto de 450.000 habitantes.

Para cumprir co obxectivo de incrementar nun 10% as súas actuais cifras de recollida de envases, están programadas “unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará comprometer á cidadanía e animala a implicarse e participar activamente na mellora das taxas de reciclaxe de envases lixeiros nos seus respectivos concellos”, explicou a titular de Medio Ambiente, engadindo que a idea básica é “apostar por accións innovadoras e rechamantes entre as que figuran a instalación temporal de contedores xigantes en lugares públicos e visíbeis, a mobilización de patrullas de promotores ou a realización de impresións con auga e pintura de leite no pavimento de graffitis ecolóxicos, unha técnica que permite que a pintura desapareza ao cabo dunhas semanas”.

De maneira complementaria a todas estas actividades, a mensaxe tamén se reforzará cunha campaña de comunicación pensada sobre todo para redes sociais coa intención de chegar ao público máis novo, e co reparto de merchandising.

Durante a pasada edición de Únete ao reto, que se levou a cabo no ano 2018 e no que tamén participaran Ribeira e Boiro, 10 dos 15 concellos galegos participantes cumpriron o seu obxectivo e incrementaron en máis dun 10% as taxas de reciclaxe no contedor amarelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.