Rianxo inaugura este xoves a mostra do XIV Premio de Fotografía Luis Ksado

11 Marzo 2020

A partir deste xoves 12 de marzo vanse poder ver en Rianxo algunhas das mellores obras fotográficas galegas da colleita máis recente. Estamos a falar da mostra do XIV Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica que convoca cada ano a Deputación da Coruña e que, colaboración do Concello de Rianxo, chega até o 31 de marzo amosándonos unha escolma do que se recibiu na máis recente edición do certame. As imaxes estarán expostas no Centro Sociocultural do Auditorio.

Polo que respecta ao Premio Luis Ksado, é sen dúbida un dos concursos máis prestixiosos de cantos se organizan en Galicia e no ámbito estatal en materia fotográfica. O seu obxectivo é mostrar o importante traballo das nosas creadoras e creadores ao mesmo tempo que se contribúe á conservación da memoria de persoeiros tan representativos neste eido como foi Luis Ksado, unha das nosas grandes figuras do mundo da imaxe, nado en Ávila en 1887 pero afincando en Galicia dende os sete anos de idade, onde comezou dende moi novo (dende o seu estudo da rúa do Vilar en Santiago) experimentando coas técnicas fotográficas máis avanzadas (como por exemplo o ocogravado, que empregou de forma moi recorrente) e co formato das postais aplicado a boa parte dos seus diferentes camiños artísticos. O seu espírito inquieto, o interese por plasmar a vida das persoas e o carácter innovador da súa obra marcan os obxectivos e temáticas que acompañan o certame que leva o seu nome dende os seus inicios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.