Primeiras sancións en Boiro por incumprir o Estado de Alarma

19 Marzo 2020

A Policía Local de Boiro sancionou xa a varios veciños que desobedeceron as indicacións decretadas polo goberno e saltaron o Estado de Alarma. As sancións realizadas foron a veciños que viaxaban acompañados no mesmo vehículo e que non o facían por causa xustificada.
As sancións van desde unha multa económica de 100 euros ata un ano de prisión. Os axentes lembran que so se poden facer desprazamentos en distancias curtas e sempre por causa xustificada. As saídas so se poden facer para ir ao traballo, a comprar medicinas ou artigos de primeira necesidade. Os desprazamentos deben ser sempre individuais e so poderán ser de dúas persoas para ir ao traballo ou cando se trata de persoas dependentes.
A Policía Local está a intensificar os controis para que veciños e veciñas cumpran as indicacións e tamén están intensificando os avisos. Todos os paseos, parques e accesos a praias están pechados e con carteis indicativos de que non se pode pasear por eles. Ademais, os axentes usan a megafonía dos coches para indicar que non se pode saír á rúa mais que para o estritamente necesario.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.