Os partidos galegos coinciden en aprazar as eleccións

16 Marzo 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e as principais forzas políticas coinciden en que as eleccións galegas convocadas para o 5 de abril teñen que ser aprazadas debido á situación sanitaria, sen ter concretado unhas novas datas para volver celebrarse.

Feijóo manifestou que “para min hai xa motivos desde hai días e, polo tanto, para min estaban desconvocadas desde hai varios días e algunha semana”, faltando só executar o proceso formalmente.

Agora toca adoptar dúas decisións: en primeiro lugar, deixar sen efecto as eleccións autonómicas convocadas e, en segundo lugar, reactivar os comicios de acordo cunha normativa que se está construíndo e que se porá a disposición dos partidos políticos para a súa avaliación e para o seu coñecemento explícito, tamén axuntando un informe de asesoría xurídica xeral para coñecer e avaliar ese texto. Así mesmo, o presidente da Xunta afirmou que se comprometeu a que, unha vez ese texto se remita aos grupos, envialo á Xunta Electoral antes de aprobar definitivamente a suspensión ou deixar sen efecto a data do 5 de abril e reactivar o período electoral de acordo coas condicións dun proxecto de decreto que aprobaría o goberno de Galicia.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.