A súa Maxestade o Rei mantivo unha videoconferencia co presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, para coñecer o impacto do COVID-19 no sector da pesca, considerada unha actividade produtiva esencial e que só en Galicia abarca 40.000 empregos directos, que procesan o 70 por cento da pesca fresca en España e o 84 por cento da produción española. Na conversación, o presidente das confrarías galegas amosou a súa inquietude polas dificultades que ten especialmente o sector da pesca de baixura para cumprir as medidas de protección contra o virus en pequenas embarcacións. O monarca comprometeuse a interceder ante o goberno e buscar axudas para os sector.
Ferido leve o condutor dunha motobomba ao envorcar por un terraplén no incendio de Porto do Son
Canle Lumes Grupo Barbanza Tal como informamos en O Barbanza, o condutor dunha motobomba resultou ferido de carácter leve este luns tras precipitarse o vehículo por un terraplén cando participaba nas tarefas de extinción do incendio forestal declarado na parroquia de...



