O PP propón unha reunión ao presidente da Deputación para implantar medidas de estímulo para os concellos

17 Marzo 2020

O grupo provincial popular da Deputación da Coruña, a través da súa voceira, Rosa Gallego, propón unha reunión urxente ao presidente da institución, Valentín González Formoso, para a implantación dun paquete de medidas económicas de estímulo para axudar aos 93 municipios da provincia a adoptar os pasos necesarios para a prevención do COVID-19.

Unhas achegas que, segundo explicou Gallego, “permitirían sufragar calquera necesidade” que, dentro da autonomía local, estimen necesarias os Concellos para afrontar esta situación ocasionada pola pandemia. Entre elas figura a posta en marcha dun servizo de consulta telemática ou a través dunha liña telefónica habilitada para que durante as 24 horas do día se poida resolver calquera situación ou dúbida que puidesen expoñer os alcaldes e alcaldesas da provincia.

Tamén apostan pola aprobación dun paquete de medidas que poderán ser complementarias coas que anuncie o Goberno central -dirixidas a PEME, autónomos e familias- para facer fronte ás consecuencias económicas provocadas polas medidas adoptadas para evitar a propagación do coronavirus.

Así mesmo, a popular manifestou que “a Deputación debe estar ao lado dos municipios e dos veciños da nosa provincia, e proporcionar os medios necesarios para que poidan adoptar medidas que paren a propagación do virus entre a poboación.”

Nesta liña, incidiu no papel “fundamental” que a institución provincial debe desempeñar para concienciar á sociedade en que “non estamos vivindo unhas vacacións e que, polo tanto, debemos saír da casa só para o estritamente necesario.”

Concluíu apuntando que “a Deputación da Coruña ten a capacidade económica suficiente e está saneada, polo que vemos necesario e ineludible que poña os seus recursos ao servizo dos veciños.”

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.