O día 14 comezan as xornadas de EduDiversa poñendo o foco na educación a nenos autistas

04 Marzo 2020

O vindeiro sábado 14 de marzo van dar comezo, da man da asociación AMBAR, as xornadas formativas do programa EduDiversa. A primeira sesión, TEA e metodoloxía TEACCH, abordará algúns dos principais recursos dos que se poden botar man para mellorar a contorna educativa en relación ás nenas e nenos con autismo.

Baixo un formato práctico, no transcurso desta primeira xeira de traballo ofreceranse recursos para poder ser aplicados no centro educativo para garantir un labor docente cen por cen integrador e non excluínte. Segundo informa AMBAR, será unha boa oportunidade para entender como actuar, en materia educativa, para acadar os mellores resultados docentes e de inserción con respecto ás persoas co dito trastorno.

Respecto da metodoloxía TEACCH, que será o fío temático da xornada, é o acrónimo da guía de procedementos Tratamento e Educación de Nenos con Autismo e Problemas Asociados de Comunicación. Foi creada doutor Eric Schopler nos anos 70 e está destinada a persoas con TEA (autismo en calquera das súas variedades), co obxectivo de mostrar aos nenos con TEA como vivir e traballar na escola, na casa e na sociedade dunha maneira efectiva e plena.

No que atinxe a EduDiversa, é un programa de apoio e asesoramento para a comunidade educativa dirixido a fomentar educación inclusiva e atención á diversidade. Impulsado pola asociación AMBAR do Barbanza, inclúe formación de balde, asesoramento e recursos para adaptar os espazos docentes cara o derrube de barreiras. O programa EduDiversa está co-financiado pola Fundación La Caixa. Foi presentado en todos os seus detalles o pasado 14 de febreiro, no Restaurante Baiuca de Artes (Ribeira).

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.