AMBAR presenta un revolucionario programa para derrubar muros de inclusión no ensino: EduDiversa

14 Febreiro 2020

Este venres 14 de febreiro celebrouse en Ribeira, no Restaurante Baiuca de Artes, a xornada de presentación de EduDiversa, o programa de apoio e asesoramento para a comunidade educativa dirixido a fomentar educación inclusiva e atención á diversidade. Segundo fixo saber a Asociación AMBAR durante a presentación, EduDiversa é unha iniciativa baseada “no modelo de Dereitos Humanos” que inclúe formación de balde, asesoramento e recursos para adaptar os espazos docentes cara o derrube de barreiras. Na cita participaron medio cento de docentes da nosa contorna. O programa EduDiversa está co-financiado pola Fundación La Caixa.

No transcurso da convocatoria deste venres debulláronse os desafíos cos que se atopa hoxe en día a educación ordinaria e como podemos traballar por “unha educación de calidade introducindo metodoloxías e ferramentas innovadoras”. Presentáronse tamén as diferentes accións que se levarán a cabo durante a duración do programa EduDiversa: formación en atención á diversidade para o profesorado da comarca e asesoramento específico para mellorar o apoio á diversidade en aula.

Ademais dos centros educativos da comarca, na xornada de estiveron presentes a xefa do Servizo de Inclusión e orientación Educativa, Natividad Bouzas; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; as concelleiras de Educación e Servizos Sociais de Ribeira, Juana Brión e Ana Ruiz e a concelleira de Servizos Sociais de Porto do Son, Magdalena Pérez.

Milagros Rey, presidenta de AMBAR, comezou o acto agradecendo a asistencia da comunidade educativa, implicada no programa dende os seus inicios, e deu paso a Laura Sieira, mestra da asociación, que introduciu a xornada desta maneira: “Hoxe en día atopámonos cunha sociedade cambiante, na que a atención á diversidade debérase entender como algo integral, e que necesita ser abordada dende diferentes perspectivas, para crear sociedades 100% inclusivas”.

Pola súa banda, María Gómez, psicopedagoga da asociación, salientou “a necesidade de traballar nas aulas a través de diferentes metodoloxías innovadoras como por exemplo o Mobile Learning ou a Gamificación”, que son xeitos de aplicar no ensino real, eficazmente, metodoloxías propias do lecer dixital. Segundo lembrou, estes métodos están á orde do día en AMBAR, onde axudan “a dar resposta á diversidade presente na aula e a implicar máis ó alumnado como suxeito activo do proceso de ensino-aprendizaxe”.

Pechou a presentación Natividad Bouzas, xefa do Servizo de inclusión e orientación educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que falou da relevancia de programas coma EduDiversa para “reforzar a atención á diversidade e inclusión educativa”. Salientou tamén os beneficios de tirar abaixo barreiras a través da colaboración das entidades en prol da diversidade, “establecendo alianzas e unindo forzas para obter unha resposta máis axeitada á atención á diversidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.