O Concello de Boiro e a USC xuntan forzas na primeira campaña de dinamización demográfica da nosa terra

05 Marzo 2020
Rúas do núcleo histórico de Abanqueiro, en Boiro

O Concello de Boiro vén de anunciar a súa colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para achegar metodoloxías que revitalicen poboacións que contribúan a frear o proceso da Galicia baleirada. Máis polo miúdo, a Administración boirense traballará coa USC na realización dun concurso de Dinamización Demográfica e Territorial que, segundo informan dende o Consistorio, será “o primeiro que se leva a cabo nun municipio galego”. O obxectivo desta iniciativa é “conseguir propostas para aumentar o número de habitantes”.

A orixe do proxecto está nos recentes contactos entre as dúas entidades, máis en detalle entre os representantes da Administración boirense e o Departamento de Xeografía da Universidade de Compostela (o profesorado-investigador que na actualidade imparte a materia de Xeodemografía do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio).

Esta iniciativa, sinalan, ten “un dobre obxectivo”. Por unha banda “fomentar no alumnado a posta en funcionamento dun proxecto que se poida levar a cabo nun municipio” e, pola outra, “poñer en práctica as súas ideas para aumentar o número de habitantes no concello de Boiro, e chegar aos 20.000 habitantes.”

No Concurso de Dinamización Demográfica e Territorial que convoca o Goberno boirense pode participar alumnado, xa titulado, das tres universidades galegas. Para participar, os interesados poden presentar as súas propostas ata día 30 de abril. Os autores da proposta gañadora recibirán unha gratificación económica, ademais da posta en marcha da súa iniciativa.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.