O Concello boirense traballa coa Garda Civil e Policía Local para intensificar as medidas de seguridade

17 Marzo 2020
Imaxe da xuntanza para a creación da Comisión Municipal da Evolución do COVID-19

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e outros representantes da Administración local reuníronse esta mañá coa Garda Civil e a Policía Local coa finalidade de articular protocolos que permitan intensificar as medidas entre a poboación para que se cumpra o decretado polo Estado de alarma e garantir a seguridade e saúde pública.

Na xuntanza, os axentes da Garda Civil e a Policía Local coordináronse para intensificar os controis de circulación, tanto de vehículos coma de viandantes. Neste senso, insistiron na importancia de facer unicamente as saídas estritamente necesarias e en distancias curtas. Tamén apuntaron que os desprazamentos en coche deben ser individuais, estando só permitido dúas persoas por motivos de traballo ou cando se trata de persoas dependentes, pero sempre gardando a distancia. Aínda que non é obrigatorio, recoméndase levar sempre o certificado de empresa no que se indique, sempre que sexa posible, os horarios de traballo.

Por outra banda, desde o Concello manifestan que van contactar con tódolos xerentes de supermercados do municipio para acordar unha serie de recomendacións pautadas polas autoridades, tales coma ter unha persoa na entrada que regule o aforo ás areas comerciais e que facilite luvas aos usuarios, a limitación do uso de carros da compra e incidir na limpeza e desinfección dos mesmos.

Así mesmo, o Departamento de Servizos Sociais está traballando con entidades sociais do termo municipal co obxectivo de intensificar as medidas de axuda a persoas necesitadas.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.