O CIM de Boiro, plenamente operativo durante o estado de alarma para combater o maltrato

20 Marzo 2020

Ante a posibilidade real de que, por mor da reclusión forzosa nos fogares derivada das medidas do estado de alarma se incrementen os casos de violencia contra as mulleres na nosa comarca, os concellos están a reforzar o seu labor de atención e asesoramento. É o caso do Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller, que pon un número de teléfono específico a disposición das mulleres que “de forma especial durante a crise sanitaria precisen de asesoramento ou sufran unha situación de maltrato”.

Este teléfono, 669 582 674, estará activo en horario de 9.00 a 20.00 horas. Amais de chamadas, as usuarias tamén poden empregar o servizo de mensaxes Whatsapp.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.