O BNG de Ribeira esixe actuar ante o afundimento dunha zona da estrada xeral en Artes

10 Marzo 2020
Cedida por BNG de Ribeira

Na parroquia ribeirense de Artes, a estrada xeral CP-7304, á altura do cruce coa Igrexa parroquial, presenta un burato que, tal e como manifestan desde o BNG, está causando preocupación entre a veciñanza que pasa polo lugar a diario e temen que a vía continúe afundíndose. Os nacionalistas achegáronse ata a zona e comprobaron que o burato ten “unhas dimensións considerábeis e supón un perigo para todas as persoas que discorren por esa zona e que non son poucas”, ao atoparse nas inmediacións tres negocios e servir de camiño de paso para acudir ao templo parroquial.

O concelleiro Luís Pérez Barral estivo falando con algúns dos veciños e veciñas, trasladándolle a preocupación de que algunha persoa poida facerse dano se non o ve a tempo ou mesmo que un vehículo poida deixarse unha roda, ademais de que coas chuvias o burato poida acrecentase e afundir parte da calzada. Pérez Barral asegura que o burato ten medio metro de profundidade e está nunha zona de bastante tránsito. Neste senso, o BNG afirma que se informou ao goberno local a este respecto hai máis dun mes, pero que “o desleixo e abandono que sofren as parroquias é tal que nada se fixo”, segundo declara o edil nacionalista.

Cedida por BNG de Ribeira

O Bloque tamén considera que se deberían mellorar os investimentos que se fan para as parroquias, “consultando as prioridades dos veciños e veciñas para poder darlles unha resposta axeitada.” Poñen como exemplo os casos concretos de Artes ou Corrubedo “como parroquias cuxos investimentos son case inexistentes”; ou o do centro social de Carreira, unha obra que os nacionalistas comparan coa “obra do Escorial polos seus reiterados atrasos.”

Desde o BNG conclúen expresando que están a disposición da veciñanza para “procurar solucións ás demandas que teña cada parroquia”, esixindo do goberno local “maior atención e axilidade na procura de solucións e investimentos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.