Novo número da revista Código Cero

11 Marzo 2020

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega salientamos os avances cara á futura Cidade das TIC, a homenaxe do CPEIG a Ángela Ruíz Robles e o impacto do coronavirus na axenda tecnolóxica. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Preséntase unha nova edición do certame infantil e xuvenil Apuntastech?
– O CITIC da UDC presenta a primeira guía sobre condución adaptada do ámbito estatal
– O CiTIUS dá co proxecto ELBA un chimpo internacional/A USC lanza un concurso de vídeos
– A Deputacion de Lugo redobra esforzos en materia de tecnoloxías para a asistencia e os coidados
– O enxeñeiro Andrés Comerma será o protagonista do Día da Ciencia 2020
– O Concello de Ribeira avanza na dixitalización de diversos trámites para a veciñanza
– AMTEGA e Universidade de Vigo estrean laboratorio de tecnoloxía 5G
– En marcha a pilotaxe do proxecto Asiste, novo servizo da Historia Social Única Electrónica
– Xesol colle impulso para universalizar a súa tecnoloxía para salvar vidas nas estradas
– Balidea dará forma a unha plataforma de homologación de apps para o SERGAS
– Galicia Nomeada acada unha gran comunidade de voluntarios arredor dos nosos topónimos
– Política Lingüística presenta unha nova edición de Lingua de Namorar
– Henrique Neira lévanos a dúas exposicións claves para mostrar a evolución tecnolóxica galega
– O videoxogo Ponte Veteri que recrea a Pontevedra medieval, xa dispoñíbel

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.