Medidas na Pobra fronte ao coronavirus

13 Marzo 2020

Debido á situación que se está vivindo polo coronavirus, A Pobra vén de tomar unha serie de medidas para, xunto ás adoptadas polas autoridades sanitarias, garantir a protección da saúde pública e cuxa duración terá o carácter temporal que determinen as indicacións das autoridades competentes.

Así, unicamente permanecerá aberto o rexistro municipal e o departamento de recadación para atención presencial, quedando restrinxido o seu uso para a entrega de documentación física. As consultas deberán realizarse a través do teléfono de contacto 981843280 ou por medios telemáticos. Os demais departamentos só ofrecerán atención telefónica. No que respecta a outras dependencias municipais (a Casa da Cultura, o Museo Valle-Inclán, a Biblioteca Victoriano García Martí e o arquivo) permanecerán pechadas ao público.

En canto ás instalacións deportivas, estarán pechadas sen ningunha actividade, polo que non se autorizará a súa utilización para competicións nin tampouco para adestramentos. Inclúese dentro desta decisión á piscina municipal.

Ademais, suspéndense todo tipo de actividades e eventos culturais, turísticos, deportivos, sociais ou doutra índole organizados polo Concello.

Por outra banda, a praza de abastos permanecerá aberta, pero co aforo limitado a 50 persoas (excluídos os traballadores e traballadoras dos postos); mentres que no mercadiño dos mércores queda prohibida a instalación de calquera posto de venda, agás os de produtos alimentarios.

Tamén sinalan que o peche dos centros educativos pode provocar un efecto adverso “se a poboación non actúa con responsabilidade”, engadindo que “as aglomeracións en espazos públicos ou privados, especialmente os parques infantís, onde os nenos e nenas entran en contacto directo cos xogos alí instalados, poden converterse nun risco grave para provocar a aparición de focos de contaxio.” Por esta razón, o Concello procederá a precintar os parques infantís e quedarán pechados ata novo aviso.

Finalmente, apuntan como necesario evitar concentracións de persoas que impidan manter a distancia mínima para evitar o contaxio (entre 1’5 e 2 metros), polo que a Administración local, seguindo as instrucións das autoridades sanitarias, recomenda permanecer na vivenda o maior tempo posible, saír da casa só para o estritamente necesario e, en caso de facelo para ter contacto co aire libre, procurar espazos solitarios ou con presenza reducida de persoas.

Outros artigos

A Pobra acende o seu Nadal ao son da música e degustando chocolate

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban...

+

Adíase o concerto de Gallaecia Small Band na Pobra por mor da chuvia

A Pobra do Caramiñal acenderá o seu Nadal cun acto no 30 de novembro. Unha das actividades programadas é o concerto de Gallaecia Small Band que, finalmente, o Concello opta por adiar debido á previsión de chuvia para as últimas horas da tarde. A nova data é o 24 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...