O Concello da Pobra ofrece aos negocios locais servizos de asesoramento integral

15 Maio 2024

O apoio do Concello da Pobra do Caramiñal ao fortalecemento do comercio local estase a materializar na posta en marcha dunha nova prestación: un servizo de asesoramento integral para os ditos negocios locais por ser “unha parte fundamental da nosa economía e que serven para dinamizar as vilas”, segundo manifesta a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Preténdese así, nas palabras da edil, darlles facilidades a comerciantes para a mellora do rendemento dos seus establecementos. Dende o mes de abril, unha técnica en mercadotecnia (marketing) visual aborda diversos aspectos como a decoración dos escaparates, a xestión económica ou a relación con provedores e clientela, a través de tres fases: a diagnose, a execución e o seguimento.

Un total de 70 negocios da localidade, tanto do núcleo urbano coma do rural, son perceptores deste soporte de balde que brinda a Concellaría da Promoción Económica. A profesional, Cany Juncal, indica que actualmente xa está na fase de execución preto dunha trintena de locais. Trátase de analiza-las infraestruturas, promoción do produto, decoración e estratexia de mercadotecnia para, despois, leva-lo estudo coas propostas de mellora e optimización do traballo coa finalidade de, logo de seren executados os cambios, face-lo seguimento para acada-los obxectivos marcados.

Un dos comercios beneficiarios é Azafrán, cuxa propietaria, Chus Santamaría, cualifica como “marabillosa” a súa experiencia con este servizo. De feito, xa incorporou algunhas das suxestións para a mellora do seu negocio. Ademais, destacou as facilidades, pois non só hai atención presencial dúas veces por semana, senón tamén telefónica fóra desas xornadas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...