En suspenso os prazos para presentar as solicitudes de axudas en materia de vivenda

16 Marzo 2020

En cumprimento das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia con motivo da declaración do Estado de alarma, os prazos para a presentación de solicitudes das distintas liñas de axudas convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo quedan en suspenso durante o tempo que dure esta situación.

O cómputo dos prazos volverá a activarse unha vez se volva á normalidade. Esta medida é aplicable a tódalas axudas en materia de vivenda que se atopan en prazo de solicitude actualmente, afectando especialmente a aquelas cuxos prazos remataban nas próximas semanas.

Actualmente as liñas de axudas para as que se poden presentar solicitudes son: mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e mellora da seguridade e accesibilidade das vivendas; áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas; promotores de vivendas para alugueiro; préstamos para rehabilitación de vivendas; adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes; adquisición de vivendas en centros históricos; bono de alugueiro social; Programa de Infravivenda; e rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal.

Por outra banda, o Instituto Galego de Vivenda e Solo mantén a tramitación das axudas para aqueles colectivos sociais máis desfavorecidos e en situación de vulnerabilidade, así como as vítimas da violencia de xénero, ao abeiro do programa Bono de alugueiro social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.