En marcha os cursos do segundo cuadrimestre da UNED Senior impartidos en Boiro

04 Marzo 2020

No día de onte comezou o segundo cuadrimestre da UNED Senior que se desenvolverá en Boiro entre os meses de marzo e xuño do presente ano. O alcalde José Ramón Romero aproveitou a ocasión para darlle a benvida ao alumnado que participa no curso de Cultivo de hortalizas todo o ano. Esta especialidade impártese os martes alternos, en horario de 16.00 a 20.00 horas, tendo lugar a teoría no viveiro de empresas e proxectándose que a parte práctica da acción formativa se realice no horto do pazo de Goiáns, de maneira que as persoas participantes poidan aplicar os coñecementos adquiridos.

Desde o Concello manifestan que se está traballando no acondicionamento do espazo, ademais de dotalo dun invernadoiro e todo o necesario para iniciar as clases prácticas do cultivo de hortalizas canto antes.

Estas aulas en Boiro dependen da UNED Senior da Coruña, ofrecendo un programa de formación para persoas maiores de 50 anos, independentemente da académica. Deste xeito, as persoas maiores da comarca teñen a oportunidade de aprender sobre temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.