Completadas as prazas para a primeira etapa da peregrinaxe do Camiño de Santiago do Barbanza

09 Marzo 2020
Na presentación en Corrubedo

A presentación da peregrinaxe por etapas do Camiño de Santiago do Barbanza efectuouse o venres 6 en Corrubedo e, en menos de 48 horas, xa se completou o número de inscritos.

Desde a Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe expresan o seu agradecemento polo interese e participación. Ademais, piden desculpas a todas aquelas persoas que están intentando anotarse, pero que “por cuestións de permisos oficiais, seguros e de loxística, non podemos ampliar o límite que tiñamos previsto de cen persoas”, tal e como manifesta o presidente da referida entidade, Manuel Mariño Nin.

A peregrinaxe está dividida en 5 etapas e desenvolverase ao longo do mes de marzo e abril. A primeira terá lugar o 15 de marzo, polo que as persoas participantes deberán estar ás 08.30 horas na Igrexa do Xobre, na Pobra do Caramiñal, desde onde sairán os autobuses con dirección a Corrubedo. A saída está prevista para as 09.00 horas da Igrexa de Corrubedo coa entrega das credenciais necesarias para poder obter a Compostela. A organización tamén facilitará avituallamento. A segunda etapa será o 22 de marzo, contemplando o tramo desde A Pobra do Caramiñal a Neixón; a seguinte realizarase o 29 de marzo desde Neixón a Isorna; a cuarta etapa celebrarase o 18 de abril de Isorna a Padrón; e o último tramo efectuarase o 25 de abril desde Padrón a Santiago.

O xeito de percorrer a primeira etapa da peregrinación será indo os participantes agrupados. Contarase con persoal da organización no inicio, no medio e no final. O ritmo medio establecerase nos 4-5 quilómetros/hora, tendo unha previsión de chegada ao Xobre, en torno ás 16.00 horas. É preciso levar roupa axitada ás condicións meteorolóxicas, así como comida e bebida suficiente para toda a xornada.

Outros artigos

“É o que hai, e punto”. Antón Luaces

 De feito o bloqueo naval de Estados Unidos de América ao estreito de Ormuz non tivo, ata o de agora, maiores consecuencias que as propias dun paiaso da "tele" que pregunta "Como están vostedes?" e a conseguinte resposta da rapazada: "Been!". Porque o acontecido...

+

Prosegue a investigación no caso do cadáver encadeado en Ribeira

A Garda Civil e a Policía Nacional manteñen aberta a investigación polo achado do cadáver de Amador Orellán, un home duns 40 anos natural de Ribeira e residente en Xuño (O Porto do Son), encadeado a unha escalinata do porto o martes pola mañá. As hipótesis barallan...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

Los sanitarios que eutanasiaron a Noelia son agentes ocultan su identidad por ese homicidio. No sólo por un pudor natural (pues era un acto ‘ob-sceno’, que sucede ‘fuera de la escena’ para privar ese horror a los espectadores), sino porque repugna aceptar la...

“Becerreá”. Xulio Xiz

“Becerreá”. Xulio Xiz

Neste país que vai para vello porque cara aló imos boa parte dos habitantes, para un pobo contar cunha residencia de maiores provoca a mesma ansia ca a que en tempos se experimentaba coa construción de colexios. Polo avance do calendario, cada ano precisamos maior...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.