Chega a Boiro O mel non caduca e a súa crítica da obsolescencia programada, de Ibuprofeno Teatro

10 Marzo 2020

O programa teatral do Concello de Boiro para esta tempada (a tempada de finais de inverno e comezos de primavera) segue adiante esta fin de semana, logo da existosa representación, o pasado venres, do espectáculo Sobre Rodas! de Pepo Suevos. Agora, novamente na Casa da Cultura Ramón Martínez López e novamente seguindo o fío temático da crítica construtiva arredor dos nosos perniciosos hábitos medio-ambientais (este é, de feito, o nexo común do ciclo teatral boirense: a defensa do medio ambiente e a sensibilización arredor deste problema), é a quenda de Ibuprofeno Teatro, que representa o venres 13, ás 21.00 horas, a obra O mel non caduca.

Trátase dunha comedia teatral para público adulto no que se fai unha lectura crítica e humorística da nosa relación cos obxectos que, polas presións da industria e os seus interese, acaban morrendo antes de tempo (iso que se vén chamando obsolescencia programa e que deixa en moi mal lugar aos electrodomésticos actuais con respecto aos que tivemos a sorte de usar en décadas pasadas). O mel non caduca, que tamén é unha ollada sobre os hábitos que nos levan dereitiños á destrución do planeta, está dirixida por Santiago Cortegoso e conta no seu elenco con Maríán Bañobre e Avelino González.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.