Canceladas a exposición e a primeira andaina da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza

13 Marzo 2020
Inauguración da mostra itinerante celebrada recentemente no Consistorio de Ribeira

A exposición sobre a ruta xacobea na nosa comarca (As pegadas do Camiño Santiago no Barbanza: A Orixe) que estaba previsto inaugurarse este venres 13 ás 20.00 horas, cancelouse finalmente como medida de seguridade e protección contra o avance do COVID-19. A mostra, que ía ter as portas abertas até o 26 de marzo no Auditorio de Rianxo, é unha exposición itinerante con fotografías e evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e comisariada por Antonio González Millán. Amais da inauguración oficial da dita actividade, tamén se apraza até cando a situación se normalice a primeira etapa da peregrinaxe do Camiño de Santiago do Barbanza.

A decisión de adiar esta andaina baséase, en palabras da asociación, “nas recomendacións dos organismos internacionais polo brote de coronavirus, que este mesmo mércores foi declarado pandemia pola Organización Mundial da Saúde”. A respecto destas disposicións, a xuntanza directiva da asociación reuniuse onte e resolveu, “co fin de adiantarse a posíbeis situacións que se poidan provocar a raíz do avance do COVID-19”, adiar o primeiro treito que se ía levar a cabo este domingo 15 de marzo, con saída en Corrubedo en co chegada ao Xobre (A Pobra).

“Estas decisións”, explican dende o seu Facebook os integrantes doa comunidade xacobea comarcal, “tomámolas para evitar maiores contaxios”. Tamén lembran que “cando esta situación cambie, poñerémonos en contacto con todas as persoas inscritas e lle daremos prioridade á súa participación na primeira etapa do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar”.

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.