Recala en Rianxo a mostra sobre as pegadas do Camiño de Santiago en Barbanza

11 Marzo 2020
Antonio González Millán na inaguruación da mostra ao seu paso pola Casa Consistorial de Ribeira

A exposición itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe chega ao Auditorio de Rianxo. Dita mostra reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, percorrido que foi presentado en sociedade o 19 de decembro de 2019 en Compostela e de cuxa peregrinaxe deron conta o 6 de marzo deste ano en Corrubedo.

Organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe e comisariada por Antonio González Millán, inaugurarase no municipio rianxeiro o venres 13, ás 20.00 horas, podendo visitarse ata o 26 de marzo.

A recuperación do camiño terrestre que transita polos municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón e desde Iria Flavia ata Santiago, é o resultado de dous anos de traballo coa fin de facer aflorar e poñer en valor as pegadas da tradición xacobea nas terras do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.