Boiro pon en marcha un servizo de asistencia para persoas en situación vulnerable

18 Marzo 2020

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro, en colaboración coas entidades locais de Cruz Vermella e Cáritas, así como Protección Civil, poñen en funcionamento un servizo de asistencia para persoas en situación de dependencia ou especial vulnerabilidade. Para abordar esta cuestión, onte pola tarde tivo lugar unha xuntanza con membros do goberno, a traballadora social e representantes das distintas entidades colaboradoras.

Dirixido a maiores e dependentes que precisan asistencia, así como a persoas en situación de especial vulnerabilidade, dito servizo ten como obxectivo atender a entrega de medicinas, alimentos e produtos de primeira necesidade durante o Estado de alarma decretado pola situación sanitaria xerada polo COVID-19.

O protocolo de actuación está centralizado no Departamento de Servizos Sociais, onde se fai unha valoración previa dos casos para garantir que se chegue a toda aquela xente que o necesita. A continuación, establécese contacto coas referidas entidades colaboradoras para proceder coa entrega dos artigos requiridos.

O persoal de traballo social do municipio tamén mantén comunicación cos profesionais do Servizo Galego de Saúde para coñecer calquera caso de altas domiciliarias que precisen deste servizo. Ademais, para realizar este labor do xeito máis eficiente, desde o Concello manifestan que se está reforzando a Área de Servizos Sociais dotándoa de máis persoal.

Por outra banda, establecementos hoteleiros e restaurantes, así como outras empresas do municipio, ofreceron as súas instalacións e servizos para poñelos a disposición de toda a veciñanza que o precise. Desde a Administración local rogan á cidadanía que se faga un uso responsable destes e doutros recursos, ademais de que se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias para frear os contaxios por coronavirus.

O teléfono de contacto para o citado servizo de asistencia é o 981377570, de luns a venres, en horario de 08.00 a 15.00 horas. Fóra deste período, atenderase no 620346803.

Outros artigos

Accidente de tráfico con persoa ferida leve no Concello de Boiro

O parque provincial de Boiro acudiu este venres 9 de maio sobre as 17:00 h, a unha chamada que alertaba dun accidente cun vehículo envorcado na AG-11.  Unha vez no punto, os bombeiros provinciais comprobaron que só había un vehículo implicado e envorcado. O seu labor...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.