Boiro entrega material ao Centro de Saúde

27 Marzo 2020

O Concello de Boiro fixo esta mañá unha doazón de material ao Centro de Saúde de Boiro para facer fronte á crise sanitaria do COVID-19. En concreto foi un total de cinco caixas de xeles hidroalcólicos para a desinfección de mans. 

O Concello de Boiro fixo nos últimos días un inventario do material co que se contaba nos distintos centros de traballo para ter unha estimación do das necesidades e poder garantir a seguridade dos operarios municipais e poder doar o excedente que se precisase na sanidade.  

O inventario consta de máscaras, guantes, desinfectante, lixivia e outros produtos de limpeza. O Concello de Boiro contaba tamén con xeles hidroalcólicos, adquiridos para distribuír nos centros de traballo, que unha vez repartidos a todos os departamentos, e que se levou o excedente ao Centro de Saúde de Boiro, un total de cinco caixas de seis unidades de 1 litro cada unha. 

O alcalde, José Ramón Romero, aproveitou para prestar a colaboración do Concello en todo o que precisaran no Centro de Saúde e tamén no Hospital do Barbanza e sempre dentro das súas posibilidades. O Concello está en contacto diario coas autoridades sanitarias para ter unha información actualizada da situación e estado da pandemia por COVID-19 no municipio e tamén das necesidades que presentan para traballar de forma conxunta fronte ao coronavirus.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.