Boiro acollerá unha conferencia sobre cardioloxía da man do doutor Juanatey

05 Marzo 2020

O doutor José Ramón González Juanatey, xefe do servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico de Santiago e catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), desprazarase ata Boiro, o mércores 11, para impartir unha conferencia no salón de actos da Casa da Cultura prevista para as 20.30 horas. Así o desvelaron esta mañá o alcalde José Ramón Romero; o presidente de Peñas Boiro AC, Joaquín Riveiro; e outros membros do colectivo.

Baixo o título É posible vivir 100 anos sen problemas de corazón, o coloquio busca que os asistentes reflexionen sobre os hábitos e estilo de vida que se leva na actualidade. Polo de momento, hai 200 persoas inscritas e, desde a referida entidade, están xa traballando para facer novas convocatorias deste tipo.

O acto está promovido pola asociación cultural Peñas Boiro AC e para asistir requírese solicitar invitación no telefono 639354191 ou no enderezo electrónico penhasboiroac@gmail.com.

Outros artigos

Este venres 10 arrincan as Festas do Verán de Cures

ACTIVIDADES - 78 Este venres 10 de xullo comezan na parroquia boirense de Cures as Festas do Verán 2026, que ofrecerán actividades lúdicas, culturais, relixiosas e gastronómicas ao longo de toda a fin de semana (dende o venres ata o domingo 12 de xullo). A axenda dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.