Baixa o paro nos concellos de Arousa Norte

03 Marzo 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar os datos correspondentes ao mes de febreiro sobre o paro en Galicia. Nos catro concellos que conforman Arousa Norte prodúcese unha baixada xeneralizada. Respecto ao mes de xaneiro, Boiro lidera a creación de postos de traballo con 38 desempregados menos, seguido da Pobra do Caramiñal con 26, Ribeira con 22 e Rianxo con 13. Polo tanto, produciuse un descenso de 99 persoas sen traballo. Deste xeito, refléxase un total de 3.433 desempregados, dos cales 1.396 correspóndense con Ribeira, 462 coa Pobra, 955 con Boiro e 620 con Rianxo.

Tamén se observa un número moito máis elevado nos parados maiores de 25 anos en comparación aos que non superan esa idade. Así, en Ribeira confróntanse os 1.320 aos 76, na Pobra os 450 aos 12, en Boiro os 868 aos 87 e en Rianxo os 587 aos 33. O mesmo sucede en canto aos sexos, pois hai máis mulleres desempregadas ca homes. En Ribeira confróntanse as 888 aos 508, na Pobra as 272 aos 190, en Boiro as 527 aos 428 e en Rianxo as 347 aos 273.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.