Arousa Norte artella o seu plan de traballo cos Departamentos de Cultura dos municipios

04 Marzo 2020
Cedida por Mancomunidade Arousa Norte

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte reuniuse no mes de febreiro cos responsables dos Departamentos de Deportes e Turismo dos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. Unha acción que se replicou esta mesma mañá coa realización dun encontro cos técnicos e técnicas da Área de Cultura dos referidos municipios.

A coordinadora técnica de Arousa Norte, Irene Maneiro, destacou a importancia da realización destas mesas colaborativas ao constituír “un espazo de diálogo necesario para colaborar de xeito directo cos distintos departamentos, co obxectivo de crear sinerxías e estratexias conxuntas de proxectos tanto xa existentes como de futuras accións, apostando por unha difusión conxunta dos valores da nosa comarca.”

O Departamento de Cultura estivo representado por Unai González e Sara García -Ribeira-; Alberto García, Elena Dosil e Manola Ferreirós -Boiro-; Fernando Lavandeira -Rianxo-; e Fita Sanisidro -A Pobra-. Estas mesas técnicas serán complementadas con convocatorias específicas nas que traballar tamén coas distintas Concellerías en función dos criterios e obxectivos marcados nas xuntanzas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...