En marcha as mesas colaborativas entre Arousa Norte e Dodro

18 Febreiro 2020

Arousa Norte iniciou esta mesma mañá as mesas colaborativas con representantes de turismo e deportes dos Concellos implicados na estratexia de traballo deste 2020, a cal conta cunha novidade a destacar: a incorporación de Dodro nas accións de promoción do xeodestino. Entre os asistentes figuraban representantes dos departamentos de turismo, tales coma Natalia Galbán -Rianxo-, Amalia López -Boiro-, Sandra Fernández -Ribeira-, Ángeles Tubio -A Pobra- e Elísabet Domínguez -axente de emprego de Dodro-.

No que respecta ao ámbito dos deportes, asistiron Moncho Villanustre -Rianxo-, Miguel Ruiz -Ribeira-, Ana Romero -A Pobra-, Manu González –Boiro-, Javier Sampedro -Ribeira- e Abel Tarrío -concelleiro de Dodro-.

Este primeiro encontro tamén contou coa presenza do rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños, e a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro. O mandatario local subliñou a importancia de traballar de xeito mancomunado, tanto desde a perspectiva turística, deportiva e cultural. Neste senso, manifestou que “buscamos establecer sinerxías entre os diferentes Concellos, estratexias de traballo e proxectos futuros”, incidindo en que “chegamos a onde un só dificilmente chegaría.” Un aspecto ao que se referiu María Sampedro, ao afirmar que “apostaremos por iso que din de que a unión fai a forza.”

Este traballo colaborativo que hoxe comeza desde Arousa Norte permitirá aos municipios acadar obxectivos máis amplos, establecendo unha estratexia conxunta de maneira coordinada. Ademais, implicará as distintas Concellerías de cada área e Alcaldías.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.