AMBAR lánzase a mellorar a empregabilidade das persoas con diversidades funcionais

12 Marzo 2020

A asociación AMBAR, entidade de Barbanza para a inclusión social de persoas con diversidades funcionais e doutras características, vén de pór en marcha o seu Servizo de Orientación Laboral, unha iniciativa habilitada ao abeiro do Servizo Público de Emprego de Galicia (do que é colaboradora AMBAR) e que ten obxectivo de mellorar a empregabilidade dos colectivos que representa a asociación e facilitar a súa inclusión no mercado laboral.

AMBAR lembra ás persoas que queiran máis datos sobre o servizo, que poden obtelos chamando ao 981 874 480 ou ben pórse en contacto coa asociación a través da conta de correo orientacion@asociacionambar.org.

Nun plano máis concreto, o servizo subministra aos demandantes de emprego os seguintes recursos e actividades: orientación e asesoramento individual; recursos para a busca activa de emprego e apoio na procura de ofertas; elaboración da carta de presentación, currículo e preparación da entrevista laboral; itinerarios personalizados de inserción e información e solicitudes de cursos e programas formativos; e accións colectivas de orientación para traballar os ámbitos da motivación, o autocoñecemento, as habilidades sociolaborais, as actitudes e as técnicas de busca de emprego.

Ás empresas, o servizo pon o seguinte á súa disposición: información sobre axudas e subvencións; orientación sobre modelos de contratación, bonificacións e redución de cotas á Seguridade Social; análises de postos de traballo e adaptacións de posto, asesoramento para a procura de profesionais; e resolución de dúbidas na inserción laboral.

AMBAR lembra que o seu Servizo Público de Emprego é unha liña de actividade publica e de balde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.