Abre a tódolos Concellos a bolsa de contratación de auxiliares de Policía Local

23 Marzo 2020

A Xunta porá a disposición de tódolos Concellos galegos a bolsa de contratación de auxiliares de Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ante a epidemia de coronavirus. Ata o momento, só estaba a disposición daqueles Concellos que asinaran convenio coa AGASP para a centralización do proceso selectivo de policías locais e auxiliares.

Así, desde hoxe e durante un prazo de cinco días hábiles, poderán acceder á bolsa preferentemente os Concellos que teñen asinado convenio de colaboración, constituíndo un total de 74. En canto remate ese prazo de cinco días, a bolsa abrirase a tódolos Concellos galegos que así o requiran, teñan asinado convenio ou non, para facilitar a cobertura de prazas no caso de que fose necesario ante a actual situación de crise sanitaria e de Estado de alarma.

Ademais de ampliar a listaxe a tódolos Concellos, afirman que tamén se facilitarán os trámites. Deste xeito, para poder facer uso desta listaxe, os Concellos só terán que dirixir a súa petición directamente á AGASP no enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando na súa solicitude que cumpre os requisitos esixidos para a contratación e comunicando tamén o número de prazas que solicita e o período da contratación. Cómpre lembrar que os Concellos deberán comunicar esta contratación -de facerse efectiva- ao centro de coordinación da Delegación ou Subdelegación de Goberno que corresponda.

A bolsa de auxiliares está composta agora mesmo por unhas 130 persoas. De ser necesario ampliar esta listaxe, a Xunta poderá incluír na mesma a todas aquelas persoas que, tendo superado o proceso selectivo para a categoría de policía local, non obtiveran praza no último proceso selectivo convocado.

Desde a Xunta manifestan que se están a tomar todas estas medidas co obxectivo de facilitar, dentro das súas competencias, a cobertura de prazas de auxiliares de Policía Local daqueles Concellos que poidan precisar cubrilas de forma urxente durante o Estado de alarma.

Así mesmo, o pasado 13 de marzo, e en cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias, a AGASP suspendeu a súa actividade lectiva. Por esta razón, adiantou a parte práctica co curso selectivo da 12ª promoción de policías locais que, polo tanto, foron enviados aos seus Concellos de destino para reforzar a atención durante o Estado de alarma. Son un total de 134 persoas que se distribuíron en 31 Concellos, chegando o pasado 16 de marzo e permanecendo nos mesmos ata o remate desta situación, cando se reanudará a actividade lectiva.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.